Política de protección de datos

Información adicional sobre Protección de datos

En cumprimento co establecido no Regulamento (UE) 2016/ 679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, Regulamento xeral de protección de datos, comunicámoslle que o responsable das actividades de tratamento dos seus datos é a BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA, O.A.

 
1. Identificación do responsable do ficheiro e do Delegado de Protección de datos

A BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA, con C.I.F. Q2828005E, adscrita ao Ministerio de Cultura e Deporte, informa os seus usuarios da existencia de varios ficheiros automatizados de datos persoais, cuxo responsable é a BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA, con domicilio en Paseo de Recoletos, número 20-22, 28071- Madrid, teléfono +34 91 580 78 00, onde se recollen e almacenan os datos persoais que o usuario e cliente comunican á BIBLIOTECA NACIONAL DE ESPAÑA (en diante BNE).
As funcións que o devandito Regulamento outorga ao Delegado de Protección de datos serán exercidas pola persoa titular da Subdirección Xeral-Xerencia da BNE, con quen os cidadáns poderán contactar tamén a través do correo electrónico dpd@bne.es

 
2. Finalidade do ficheiro

A comunicación de datos persoais polo usuario á BNE a través da súa páxina web unicamente pode entenderse que terá lugar cando estes voluntariamente utilicen o servizo de formularios de servizo ofrecidos pola BNE, para poñerse en contacto coa BNE, darse de alta para acceder a datos concretos da Biblioteca de interese, ou nos enderezos de correo de contacto, dado que nestes casos o tratamento dos datos é inevitable e implícito ao sistema de contacto. Para estes casos a Biblioteca informa os seus usuarios que o tratamento dos datos se pode realizar coas seguintes finalidades:

  • Xestión de convites a actos públicos.
  • Xestión de usuarios da BNE, para a realización de servizos como emisión de carné, petición anticipada de obras, solicitude de reprodución e autorización de uso público de documentos, de acordo á Carta de servizos da BNE.
  • Xestión de adquisición de obras, incluíndo o donativo.
  • Xestión do rexistro de entrada e saída de documentos.
  • Xestión da seguridade da BNE mediante o control de accesos ás súas instalacións e a través de sistemas de videovixilancia.

 
3. Lexitimación

A BNE informa que a base legal para o tratamento dos seus datos persoais é cumprir cos seus obxectivos e funcións, recollidos no artigo 3 da Lei 1/2015, do 24 de marzo, reguladora da BNE, así como no artigo 2 do seu Estatuto, aprobado por Real decreto 640/ 2016, do 9 de decembro. O tratamento dos seus datos é obrigatorio para beneficiarse dos servizos ofrecidos pola BNE.

 
4. Identificación dos destinatarios respecto dos que a BNE teña prevista a realización de cesións ou acceso a datos por conta de terceiros

A BNE unicamente ten prevista a realización de cesións ou comunicacións de datos que deba realizar para atender as súas obrigas coas Administracións Públicas nos casos que así se requira, de acordo coa Lexislación vixente en cada materia, en cada momento e no seu caso igualmente, a outros órganos como Xuíces, Ministerio Fiscal, Tribunais, Tribunal de Contas ou Valedor do pobo e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Non obstante, a BNE informa o usuario que calquera tratamento de datos persoais, está suxeito á lexislación vixente en España en materia de protección de datos, establecida polo Regulamento arriba citado. Neste sentido, a BNE só é responsable e garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal que solicite ao usuario a través dos dominios bne.es e bne.gob.es, non tendo ningún tipo de responsabilidade respecto dos tratamentos e posteriores utilizacións dos datos persoais que puidesen efectuarse por terceiros prestadores de servizos da sociedade da información que puidesen acceder a tales datos en razón da prestación dos seus servizos ou exercicio da súa actividade.
Por terceiros prestadores de servizos da sociedade da información entenderanse -sen carácter limitativo- aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten os seguintes servizos:

  • Transmisión por unha rede de comunicación de datos facilitados polos destinatarios do servizo.
  • Servizos de acceso á citada rede.
  • Servizos de almacenamento ou aloxamento de datos.
  • Subministración de contidos ou información.

Así mesmo, a BNE non se fai responsable dos tratamentos de datos que leven a cabo os terceiros que establezan hiperligazóns coa BNE nin daqueles responsables aos cales a través de hiperlligazóns a BNE remite aos seus visitantes.

 
5. Dereitos

A BNE informa ao usuario da posibilidade de exercitar os seguintes dereitos:

  • Acceso aos seus datos persoais, así como toda a información relacionada co tratamento que se está a facer destes.
  • Rectificación dos seus datos persoais, así como limitación do seu tratamento.
  • Solicitude da súa supresión.
  • Oposición ao tratamento.
  • Solicitude de portabilidade dos seus datos persoais.

 

Ante calquera dos anteriores supostos a BNE accederá á solicitude do titular dos datos, e conservaraos unicamente para a posible formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións, ou se fose necesario por motivos legais.
Se desexa exercitar os seus dereitos ante o responsable do tratamento, ou necesita información sobre a súa tramitación, pode enviar a súa solicitude aos datos de contacto recollidos no apartado 1.